Quique Roxíos

Nota biobibliográfica

Enrique González Álvarez, máis conocido como Quique Roxíos (Boal, Asturias, 1964) é poeta e activista cultural na defensa dos dereitos lingüísticos del Eo-Navia (Asturias).

Autor del libro de contos Debaxo de nabis, sapis, 2002, dos poemarios Teño dolo da túa risa, 1999, Cántigas del Augüeira e Personaxe desconocido (Editorial Canela, 2018). Tamén participou en obras colectivas: Poetas no reencontro I (Chantada, 2019) e Poetas no reencontro II (Chantada, 2021); Caminhos da Poesia (Espinho, 2020); Literatura e Artes da Raia Luso-Espanhola (Elvas, 2020); Cultura sem fronteiras (Porto, 2021); Ahi están… las puertas de Boal/ Ei tán… as portas de Boal (Canel Editores, 2021); Colectânea Abraço de Culturas (O Porto, 2022); Xistral, Revista Lucense de Creación Artística, (Concello de Lugo, núm. 24, 2022 e núm. 25, 2024).

Algús dos sous poemas foron musicados: “Flor de Toxo” (Conjunto Os Folgazais, 2012); “Mundo de herbas” (A comuna del Barruzo, Ugía Pedreira e Pierrot Rougier, 2018); “Cántiga del teixo de Pastur”, (Cultura sem Fronteiras, Graça Amiguinho e Lino Lobão, 2021).
Na súa traxectoria literaria conseguiu el Premio I Concurso Poesía Miguel G. Teijeiro, 2010 de As Figueiras, Asturias, coel poema “Amorodos” el Premio do XVII Certame de Poesía Anduriña Voandeira de Euskadi (2017), coel poemario Personaxe desconocido. Tamén foi un dos galardoados do V Certame de Vilariñas de Guitiriz, Galicia (2021).

Auga da rosada
Personaxe desconocido, 2018, Editorial Canela

Todo cabe núa gota de auga da rosada:
adeveceres de tristuras debuxadas na paisaxe,
albeiceres de historias dun deixarse de querer,
adoleceres de alorias dun querer non deixarse.

Todo empezou como acabou
núa pinga de auga da rosada asustada nun torbón
perdida núa seimeira,
amollecida nun mar de salga xelada.


Albízoras
Abraço de Culturas, Colectânea, 2022, O Porto. Portugal. Imagem e Publicações

Pebidas del ameicer
prenderon na galería
azul da mía casa;
esa que era quen de atraer
a color da primavera.

Se puidera volver a nacer,
albízoras dúa vida
de añil cobreado vidriera,
esa que eu mandei desfer,
esa que era primavera.


Extrarradio
Revista de Agrupacións Poéticas de Base NPG Gazeta. Vol. 2, 2021,Edicións Fervenza. Nova Poesía Guitirica

Periferias,
suburbios,
contornos indecorosos.
Nas aforas das aforas
solares en venta
nas beiras
dos camíos de ferro.
Vía estreita en desuso,
broza a feixes,
abrazos de mofo,
arteiras
e xoguetes desfeitos.
Candados
que xa nada atesouran,
ventás abertas
ao principio dun túnel
sen salida.
Chove nas casas
sen louxado
pero el paraguas roto
aquí
síntese proveitoso
e afortunado.