Babel de Cal Cadete

Nota biobibliográfica

Babel de Cal Cadete é el alcuño de José Manuel Gayol Suárez. Nacéu en Ortigueira, nel conceyo de Cuaña y vive dende neno en Xixón. De familia marineira por vía paterna y materna, foi el primeiro en esqueicerse del mar como llabor profesional, deixando os estudios de naútica pa ferse marineiro en terra, trabayando de técnico comercial hasta a súa xubilación.

Conoce ben el mar (mui presente nun bon feixe dos sous poemas), xa dende rapacín navegóu nos barcos de cabotaxe y anduvo xastreando na pesca de baxura, embarcacióis patronedas por sou padre y sous tíos.

Dende mui neno empezóu a escribir tanto na súa llingua pixota como en casteyano, y ayén a cualquer militancia y al mundo lliterario conocío, foi navegando solo y al mesmo tempo fendo úa pequena obra en gallego-asturiano. Tamén foi recoyendo y recuperando el vocabulario del conceyo de Cuaña, especialmente el del sou llugar, mui relacionao col mar en todas as súas dimensióis.

Xa más achegao a veyo qu’a novo, publicóu algús poemas nos llibros, Évos un amaicer guapo (2007) y Literatura Galegoasturiana (2023), editaos pola Universidad de Vigo. Féxolo tamén nalgúas ocasióis na revista Trabatel. Algús dos sous poemas y relatos curtios apareceron algús anos nas obras qu’edita el Goberno d’Asturias pá celebración del Día das Lletras Asturianas.

Ten publicaos dous llibros de poemas a través da editorial Trabe: El mar que m’enchumaza (2022) y D’outro mundo (20024) y ten algún má esperando nel caxón a posibilidá de que poda ver a lluz.

Foyas
El mar que m’enchumaza, 2022, Trabe

Foyas veyas,
qu’antano escribín de mozo
con renglóis chíos de soños
qu’el tempo triscóu con penas.
Perdín nun feixe de guerras,
nun chegéi a ningún sito
y vou deixar por escrito
algúa xolda y muitas xeiras.

Foyas novas,
qu’escribín xa sendo veyo
nel sosego que nun teño
vendo lo que pasa agora.
Pasan en casa y por fóra,
sin poder safarme d’ellas
porque a probeza y as guerras
tóyenme el alma y afogan.

Foyas verdes,
que grumasteis polas canas
nun árbole d’esperanza
con fruitas que ben olecen,
y coa forza que devece
un mozo cuberto en ganas,
que muitas veces soñaba
con fer del mundo un sainete.

Foyas secas,
nel outono da mía vida,
vexo nel mar a partida
soñando con primaveras.
Vexo chegar a ese barco
unde s’enrolan os mortos
camín del último porto
unde atracan os bardos.


El viaxe
El mar que m’enchumaza, 2022, Trabe

Val más viaxar soñando que chegar,
pos pode qu’a chegada sía el fracaso.
Muitas veces é miyor cambiar el paso
esqueicendo ese fragoiro por andar.

El esperanza dáche alas pa engalar,
é a forza que t’ergue en cualquer caso.
Se despós del destino ta el ocaso,
é miyor fer del camín el noso llar.

Anduven coa ilusión d’un arribada,
pensando que xa taba todo feito,
peró vin que chegar nun val pa nada

se todo lo qu’atopo ta desfeito.
Miyor cambiar de rumbo y fer parada
pa volver a empezar con outro xeito.


Quixotes
El mar que m’enchumaza, 2022, Trabe

Hoi bebín d’esa tollura
que me convida a cabeza,
enchéndome de certeza
pa ir perdendo a cordura.
Púxeme como el babuyo
y teño a llingua mui solta,
xa tou en todo de volta
pa estoupar neste baruyo.
Conto más tollo me poño
de todo me dou más conta,
a realidá ta imposta
y a vida é lo que soño.
Inda hai molíos de vento,
xigantes ruíos y asesinos,
roubando os nosos destinos
desfeitos de cualquer xeito.
El mundo ta cego y xordo,
amomiao y sin despexo,
todo lo que fai y fexo,
anda entre a pena y el noxo.
Coa igresia inda atopamos,
a xusticia son puñetas,
a llibertá é con receta
y as tres tein os mesmos amos.
Sigue el demo gobernando
con muitos cuartos y panza
y el xenio y el esperanza
na tollería xurando.
Quixotes fain falta muitos
pa desfer tanto entorto,
pa fer del poder un morto
y enterrallo alló entre el cuito.